O Tribunal belga adía a decisión sobre a extradición de Puigdemont e os consellers ao 4 de decembro

Adíase para que as defensas poida achegar alegacións aos puntos de vista expostos pola Fiscalía belga.

Puigdemont esta semana en Bruxelas. Foto NacióDigital
photo_camera Puigdemont esta semana en Bruxelas. Foto NacióDigital

O president da Generalitat, Carles Puigdemont, e os 4 consellers do seu Govern que están en Bruxelas declararon esta sexta feira diante do xuíz na capital belga. O maxistrado decidiu adiar a declaración até o vindeiro 4 de decembro para que os avogados teñan máis tempo para preparar alegacións.

A Fiscalía pedía a extradición. Durante a vista eliminouse o delito de malversación e tampouco contempla a corrupción. Ademais, refundiu os delitos de rebelión e sedición nunha figura xudicial belga que implica 6 meses de prisión. O delito de coacción de funcionarios representa un levantamento contra o poder, segundo a xustiza belga.

A declaración do 4 de decembro producirase nas portas do inicio da campaña electoral para o 21D,  unha campaña marcada pola situación de excepcionalidade que se vive en Catalunya, con medio Govern preso e outro medio pedindo asilo en Bélxica.

Comentarios