A traxedia do vertedoiro de Zaldibar castiga o PNV e réstalle case un milleiro de votos

Nos municipios vascos de Zaldibar, Ermua, Elgeta e Eibar só EH-Bildu suma máis papeletas que nas eleccións de 2016, mentres que o resto de forzas políticas perden sufraxios.
Maquinaria traballando para atallar o novo incendio reactivado 15 días depois da catástrofe no vertedoiro vasco de Zaldibar (Imaxe: Goberno vasco)
photo_camera Maquinaria traballando para atallar o novo incendio reactivado 15 días depois da catástrofe no vertedoiro vasco de Zaldibar (Imaxe: Goberno vasco)

O PNV perdeu arredor dun milleiro de votos nas eleccións vascas deste domingo en Zaldibar, Ermua, Elgeta e Eibar, os catro municipios afectados polo derrubo do vertedoiro de Zaldibar, que desde o pasado 6 de febreiro mantén a dous operarios sepultados baixo os escombros.

O accidente estivo moi presente na campaña electoral vasca e todos os partidos criticaron a xestión da crise do Goberno de coalición de PNV e PSE. En Zaldibar, cun censo de 2.303 habitantes con dereito a voto e unha abstención de 45,3%, o PNV atinxiu 436 votos, 27 menos que nos anteriores comicios e o PSE sumou PSE, 28 menos.

Paralelamente, EH-Bildou gañou 32 sufraxios máis, sumando un total de 465, mentres que Elkarrelin Podemos-IU perdeu un centenar de votos, conseguindo 97. A coalición do PP e Ciudadanos perdeu aínda máis votos que as forzas no Goberno, con 90 menos e apañando 39.

En Eibar, cun censo de 21.033 habitantes e unha abstención de 45,69%, os jetzales perderon 461 votos respecto aos anteriores comicios, sumando 3.762. Pola súa banda, EH-Bildu, logrou 459 sufraxios máis, até 3.357 votos, mentres que Elkarrekin Podemos-IU a metade das papeletas logradas hai catro anos, mentres que os socialistas viron descender os seus votos a 2.432 tras perder 352 sufraxios. PP e Ciudadanos obtiveron 479 papeletas, perdendo 618.  

En Ermua, con 12.624 habitantes con dereito a voto e unha abstención de 49,39%, o PNV perdeu 462 votos con respecto aos conseguidos en 2016 e fican con 1.562 papeletas. EH-Bildu sumou 381 sufraxios máis, alcanzando os 1.333, mentres que Elkarrekin Podemos-IU perdeu 549 papeletas e queda con 759. Os socialistas restaron 69 sufraxios e fican con 1.672 e PP e CIudadanos obtiveron 582 papeletas menos, sumando 632.

En Elgeta, con 658 veciños e veciñas e unha abstención de 31,93% o PNV perdeu 27 votos en relación a 2016 e suma 200 papeletas, mentres que EH Bildu sumou 23 e alcanza os 309 sufraxios. Elkarrekin Podemos perdeu 25 votos e suma 33, ao tempo que o PSE consegue 8 votos, 13 menos que hai catro anos, e PP e Ciudadanos perden 5, quedando en 8 sufraxios.

Comentarios