martes 07.07.2020

O Supremo reafirma a inhabilitación de Torra como deputado

Quim Torra
Quim Torra

O Tribunal Supremo reuniuse esta sexta feira en segunda sesión para pechar o "caso Torra”. A Sala do Contencioso desestimou o recurso presentado polo avogado do president da Generalitat contra a resolución da Xunta Electoral Central de inhabilitalo inmediatamente aínda que a sentenza non sexa firme.

Xa que logo, mantense  a petición da XEC de suspender  Quim Torra e que afectaría só ao escano do Parlament. Torra deixaría de ser deputado pero seguiría no cargo de president da Generalitat. E esa non é unha decisión do Supremo que se resolverá hoxe, porque a XEC non se referiu ao cargo de presidente na súa solicitude de suspensión senón á de deputado. Iso agora recae no Parlament, que decidirá esta tarde. Todo isto sen unha sentenza firme, que é cando a lei prevé que estea a inhabilitación.

comentarios