Entrevista

"Somos unha pedra no zapato do plan do Goberno colombiano"

O 1 de decembro fórono matar á súa casa; el non estaba, mais atoparon a súa filla de 13 anos, que foi "fortemente violentada". Gustavo Pérez, acollido por Amnistía Internacional, explica a situación que viven a súa familia e os habitantes das zonas rurais de Colombia.
colombia_manifestacion
photo_camera Entre o 21 de novembro e o 21 de xaneiro, Colombia viviu numerosas manifestacións (Europa Press)

Gustavo Pérez é natural de La Macarena, municipio do departamento colombiano de Meta, onde asegura que está "o río máis fermoso do mundo, Caño Cristales, o río das sete cores". Alí, despois de negociar coa guerrilla das FARC e con outros actores en conflito, conseguiu no seu momento que a zona se puidese abrir ao turismo.

Pérez traballa desde hai 22 anos nesa rexión coas comunidades campesiñas e indíxenas, onde ─di─ "logramos moitos obxectivos, co soño da paz no horizonte". A súa valía foi recoñecida durante anos, sendo reelixido como presidente da Xunta de Acción Comunal polo seu compromiso e liderado. 

En 2011 fundou a Fundación para a Defensa e o Dereito Internacional Humanitario do Oriente e Centro Colombiano (DHOC), e é unha referencia tanto a nivel nacional como internacional.

Desde o pasado mes de xullo, el e a súa familia ─catro membros en total─ encóntranse acollidos nunha localidade española por Amnistía Internacional ─para quen non ten máis que palabras de agradecemento─ no programa de Apoio aos Defensores dos Dereitos Humanos en perigo.

Este programa protexe temporalmente un reducido número de persoas do perigo inminente de violación dos seus dereitos fundamentais. Gustavo Pérez está sinalado desde 2018: o 1 de decembro fórono matar á súa casa; el non estaba, mais atoparon a súa filla de 13 anos, que foi "fortemente violentada".

—Por que o queren matar?

Todo comeza co incumprimento por parte do Goberno do punto 4 do acordo de paz, que é o da substitución de cultivos ilícitos. O Goberno prometeu un monto de diñeiro en efectivo para comprar víveres durante dous anos e tamén o impulso a proxectos produtivos como alternativa a esta eliminación de cultivos.

Nós negociamos cos campesiños, e 1.800 familias arrincaron a coca. Mais o Goberno non cumpriu, polo que houbo moitas reaccións violentas contra nós. Non só das persoas que vivían alí deses cultivos, senón especialmente doutro elo: o dos que realmente se benefician economicamente coa produción destes cultivos, os narcotraficantes. O Goberno non deu a cara, e aos líderes sociais tocounos asumir a nosa responsabilidade.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.

Comentarios