Rusia anuncia que rexistrou a primeira vacina contra a Covid

Putin detallou que a súa propia filla vacinouse e confiou en que a produción en masa empece axiña para que chegue a todos os rusos.

epa08519807 Russian President Vladimir Putin (R) shows his passport while taking part in a nationwide vote on amendments to the Russian Constitution during the main day of vote at a polling station in Moscow, Russia, 01 July 2020. The polling stations were opened for vote on 25 June to avoid crowding amid ongoing COVID-19 disease in Russia.  EPA/ALEXEI DRUZHININ / SPUTNIK / KREMLIN POOL MANDATORY CREDIT ORG XMIT: FET23
photo_camera (Foto: Sputnik)

O presidente de Rusia, Vladimir Putin, anunciou esta terza feira que o seu país logrou ser o primeiro no mundo en rexistrar unha vacina contra o coronavirus.

“Esta mañá rexistrouse, por primeira vez no mundo, unha vacina contra o novo coronavirus”, asegurou o xefe do Kremlin nunha reunión co Gabinete de Ministros.

Segundo o mandatario, a vacina rusa é “eficaz”, superou todas as probas necesarias e permite lograr unha “inmunidade estábel” ante a Covid-19.

Putin detallou que a súa propia filla vacinouse e confiou en que a produción en masa empece axiña para que chegue a todos os rusos.

A semana pasada, o Kremlin apuntou a outubro como posíbel data de inicio da campaña de vacinación contra o coronavirus.

Horas antes, o xefe de  Epidemiología do Ministerio de Sanidade,  Nikolai  Briko, indicara que “non hai motivos” para pospoñer o rexistro da vacina contra o coronavirus desenvolta polo centro de investigación  N.  F.  Gamaleya.

Rusia contabilizou nas últimas horas menos de 5.000 novos casos de coronavirus nun día, sendo a primeira vez que baixa desa cifra desde finais do mes de abril, segundo informou o centro dedicado a seguir a evolución da pandemia no país.

Comentarios