Reino Unido vota nunhas eleccións nas que o nacionalismo escocés é chave

Nin conservadores nin laboristas atinxirán a maioría suficiente para gobernar en solitario, segundo as enquisas, que sitúan o SNP como terceira forza.

Nicola escocia SNP

Reino Unido vota esta quinta feira para elixir os 650 deputad@s da Cámara dos comúns, da que sairá o goberno que dirixirá o Estado nos vindeiros cinco anos. Após sete semanas de intensa campaña, enquisas e sondaxes sinalan que non haberá maiorías que permitan gobernar en solitario nin a conservadores (teñen agora 320 parlamentares) nin laboristas (255), que obterían por volta dun 34% dos votos cada unha. Ademais, esas mesmas sondaxes apontan a que o tradicional partido-bisagra, os liberal-demócratas (57 deputad@s) perdería nas urnas a metade da súa representación. O dereitista UKIP obtería un 13% dos sufraxios. Fica así un taboleiro do máis aberto e coas olladas postas no espectacular auxe que as estimacións dan ao nacionalismo escocés.

O SNP é, de acertar as enquisas, o verdadeiro gañador destas eleccións. Actualmente ten 6 escanos, mais ningunha sondaxe dá que obteña menos de 52 dos 59 escanos en xogo en Escocia para o Parlamento británico. Algunhas mesmo sinalan que os obtería todos, os 59. O independentismo escocés, pois, tería nas súas mans dar o goberno aos laboristas -o SNP xa dixo que “nunca” facilitará un executivo conservador-. A cambio, mais competencias e auto-goberno. E no horizonte, se ben non a curto prazo, un novo referendo de auto-determinación.

Gales, Irlanda do Norte, Cornualles

Non só escocia mandará representantes nacionalistas ao Parlamento británico. En Gales, o Plaid Cymru aspiraba a incrementar a súa actual representación nesa institución (3 escanos). Hai sondaxes que prognostican un aumento en votos (do 11% de hai cinco anos ao 13%), o que lle permitirá atinxir un cuarto representante. O Programa da formación céntrase no combate contra as políticas de austericidio de Londres e na demanda dun amplo auto-goberno.

D@s 650 deputad@s na Cámara dos Comúns, 18 corresponden aos 6 condados irlandeses que forman parte de Reino Unido. O DUP ten 8 representantes na Cámara dos Comúns, o Sinn Féin ten 5 deputad@s, o SDLP obtivo tres e Alliance, unha parlamentar. Non se prevén grandes cambios, se ben dese o unionismo pactouse candidatos unitarios en algúns distritos para desbancar o nacionalismo irlandés.

O máis pequeno dos países que forman parte do Reino Unido, Cornualles (Kernow) tamén aspira anuncian que será ben complicado, por non dicir imposíbel. A candidatura nacionalista, Mebyon Kernow, preséntase en 6 circunscricións cun programa de defensa da identidade nacional e dos servizos públicos, polo autogoberno.

Comentarios