Rebeca Torró substituirá Santos Cerdán na Secretaría de Organización do PSOE
Anabel Mateo, Francisco Salazar e Borja Cabezón incorpóranse como adxuntos á Secretaría de Organización.
O presidente do Goberno español e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, nomeou Rebeca Torró como nova secretaria de Organización do PSOE.
A valenciana substituirá Santos Cerdán como 'número tres' do partido tras a súa implicación na presunta cobranza de mordidas por adxudicacións de obra pública, segundo informaron fontes do PSOE.
Ademais, haberá tres novos adxuntos á Organización do partido. A primeira adxunta terá o cargo de secretaria de Coordinación Territorial e será Anabel Mateo Sánchez. O adxunto segundo será á súa vez secretario de Análise e Acción Electoral, Francisco J. Salazar Rodríguez.
Por último, o terceiro adxunto á Secretaría de Organización e tamén secretario de Transparencia e Acción Democrática e Transparencia será Borja Cabezón, segundo informaron esas mesmas fontes.
