As probas de selectividade serán entre o 22 de xuño e o 10 de xullo

A selectividade realizarase entre o 22 de xuño e o 10 de xullo e a convocatoria extraordinaria poderá ser até o 10 de setembro. 
Estudantado na última EBAU.
photo_camera Estudantado na última EBAU (Imaxe: Europa Press)

O Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Consellarías de Ensino acordaron esta cuarta feira, 25 de marzo, realizar as probas de bacharelato de acceso á universidade (EBAU) entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, permitindo que a convocatoria extraordinaria se poida realizar até o 10 de setembro.

Así se decidiu na reunión telemática da Conferencia Sectorial de Educación, convocada para abordar a incidencia da crise do coronavirus no sector educativo, onde as clases presenciais están suspendidas desde hai máis dunha semana para evitar o contaxio.

Nun comunicado do Ministerio de Educación, sublíñase que "estas datas propostas para a realización da EBAU dependerán da evolución da pandemia", aínda que se estabeleceu que as cualificacións se publiquen antes do 17 de xullo para a convocatoria ordinaria e antes do 18 de setembro no caso da extraordinaria. Agora, cada comunidade decidirá os días nos que se realizarán as probas nas súas universidades, dentro desa froquita.

O encontro "foi proveitoso", dixo a ministra de Educación Isabel Celáa. "Só quedaron pendentes as datas das ofertas de emprego público que determinaremos a semana que vén", precisou. 

Comentarios