Por primeira vez o Congreso dos EUA terá 3 representantes nativas americanas
Sharice Davids, membro da Nación Ho- Chunk de Wisconsin, gañou o distrito polo que concorría en Kansas. Beb Haaland, membro de Laguna Pueblo e con herdanza de Jemez Pueblo, derrotou Michelle García Holmes para gañar en Novo México.
Davids, vicepresidenta do Caucus de Nativos Americanos, sinalou: "Foi unha incríbel honra poder representar esta comunidade no Congreso durante os últimos dous anos, e estou moi agradecida de que confíen en min para continuar nese papel".
Haaland, co presidenta do Caucus de Nativos Americanos e membro do Subcomité de Pobos Indíxenas dos Estados Unidos, dixo: "Esta noite, o pobo de Novo México elixiu a esperanza por riba do medo, o amor por riba do odio, a comunidade por riba da división".
Engadiu, "Hai dous anos, convertinme nunha das dúas primeiras mulleres nativas elixidas á Cámara de Representantes na historia do noso país. Durante o meu primeiro mandato centreime na loita para protexer a nosa Terra e contra o cambio climático, o recoñecemento de que todo estadounidense ten dereito á atención médica, a necesidade de enfrontar a inxustiza racial, o chamado a proporcionar unha boa educación para todos os nosos nenos, e o deber de axudar a fomentar unha economía que cre oportunidades para todos”.
Pola súa banda, Herrell, da Nación Cherokee, que derrotou o candidato demócrata Xochiti Torres, dixo: “É a honra da miña vida ser elixida para servir a Novo México. O meu compromiso con cada cidadán do noso distrito é que servirei a cada un deles con integridade mentres traballamos xuntos para reconstruír a nosa economía e protexer os valores que fan grande a América".
Davids, Haaland e Herrell uniranse aos congresistas nativos americanos Markwayne Mullin (da nación Cherokee) e Tom Cole (membro da Nación Chickasaw de Oklahoma).