Portugal valora alargar o confinamento até despois da Pascua

Imaxe dunha persoa cun patinete eléctrico en Portugal. (Foto Pedro Fiuza Zuma Press)

Quer evitar unha desescalada que derive nunha nova vaga de contaxios.

Portugal valora alargar o confinamento no que está desde hai un mes até despois de Pascua. O domingo de Pascua é o 4 de abril e a posibilidade de que se manteña o encerro durante este período está na mesa do Goberno luso, para evitar repetir o aumento exponencial de contxios que se produciu durante o período de Nadal.

O actual estado de excepción prolongarase até o 14 de febreiro e está previsto que que presidente da República renove ee estado esta quinta feira.

En declaracións ao xornal Público, o especialista do doutor do Instituto Nacional de Saúde Ricardo Jorge, afirmou: "Necesitamos manter estes medidas de confinamento por un período de dous meses para que o número de camas ocupadas en coidados intensivos sexa inferior a 200 e a incidencia acumulada a 14 días por baixo dos 60 casos por cada 100.000 habitantes. "

Se se confirma que non hai levantamento de restricións antes de Pacoa e tomando como criterio a apertura de escolas ou restaurantes, todo apunta a que o período actual de confinamento xeral (que, en principio, é de 73 días) será superior ao de 2020.

Na prolongación do estado de emerxencia está incluída a continuación das restricións na fronteira.