Policías denuncian dúas veces unha profesora por falar catalán na comisaría de Terrassa

Os axentes acúsana de non querer identificarse e de manter unha actitude violenta, o que ela nega.

denuncia

A policía española denunciou unha profesora por se ndirixir en catalán a dous axentes cando intentaba entrar na comisaría de Terrassa, segundo informa Vilaweb. Os feitos, xa foron denunciados publicamente pola Plataforma per la Llengua, que agora busca probas deste “novo caso de discriminación lingüística”.

Segundo  esta versión, a policía pediu á muller, que é catalá de raíces marroquís, que se identificase antes de entrar. Ela respondeu en catalán e engadiu que tiña cita ás 10.36 horas. Nese momento, os axentes dixeron que non a entendían e que lles falase en castelán.

VilaWeb tivo acceso a un audio da conversa, no que un dos axentes, anoxado, dille: "Non temos que entender o catalán". A vítima responde entón en varios idiomas, entre eles español, francés e árabe, mais os axentes móstranse indignados e din non entendela.

Finalmente, tras varios minutos de berros e ameazas, os axentes presentaron dúas denuncias contra a profesora. No primeiro, acúsana de negarse a identificarse e fuxir e, no segundo, de faltarlles o respecto.

"Persónase nestas dependencias faltando ao respecto aos axentes con frases como 'aprende a falar catalán', mantendo unha actitude violenta e chulesca", sinala a segunda denuncia.

Comentarios