Polémica pola asistencia de Pablo Casado a unha misa onde se rezaba por Franco

O PP di que Casado non sabía que ía pregar pola alma do ditador. A Fundación Francisco Franco agradeceu esta segunda feira ao presidente do PP que asistise á misa.

Casado misa franco

Na noite do sábado 20 de novembro fíxose viral unha fotografía do líder do PP, Pablo Casado, cun mozo na catedral de Granada. En poucas palabras, o mozo engadiu: "Con Pablo Casado nunha misa polo Generalísimo". Horas despois, coa foto circulando por todas partes, o usuario @Ivarolabella1 borraba a mensaxe e pouco despois a súa conta de Twitter.

Desde o pasado 15 de novembro, segundo informa Newtral, a Fundación Francisco Franco anunciou na súa páxina web once misas "en sufraxio pola alma de Francisco Franco e de todos os que caeron por Deus e por España". Desde o PP aseguraron que Casado acudiu á igrexa anexa á catedral porque era a máis próxima ao seu hotel.

Unha destas misas foi na igrexa anexa á Catedral de Granada, onde asistiu Pablo Casado, que estivo na cidade tras o congreso do PP de Andalucía.

Porén, o arquidiocese de Granada explicou que a misa non estaba dedicada a Franco, senón que se trataba dun acto ordinario no que se lle pedía "rezar por un falecido", neste caso o ditador español. Un servizo que se ofrece sempre, sexa quen sexa o falecido.

Por outra banda, dende o PP aseguraron que Casado acudiu á igrexa anexa á catedral porque era a máis próxima ao seu hotel.

"A homilía xa comezara cando visitaron a catedral e decidiron quedarse [el e a súa familia]", dixeron fontes do partido a Newtral. Tamén indicaron que Casado non sabía que se lle dedicaría unha oración a Franco.

A Fundación Franco, agradecida

A Fundación Francisco Franco agradeceu esta segunda feira ao presidente do PP, Pablo Casado, que asistise á misa celebrada en honra ao ditador na capela do Sagrario da catedral de Granada.

Nun comunicado, a Fundación Francisco Franco aclarou que non convidou "expresamente" a Casado a asistir á misa celebrada este sábado, 20 de novembro, polo que "non pode responsabilizarse nin atribuírse a súa presenza na mesma".

Porén, agradece tanto a Casado como á súa familia a súa presenza na oración "pola alma dun cristián exemplar como Francisco Franco Bahamonde".

Comentarios