Pedro Sánchez confirma que actualizará as pensións en 2022

O número de pensionistas na Galiza caeu co coronavirus (Foto: Arxina).
O presidente do goberno estatal anunciouno esta mañá nun acto do PSOE en Xixón.

O presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez, anunciou hoxe nun acto do PSOE en Xixón que na vindeira terza feira o Consello de Ministros actualizará as pensións para o ano 2022.

"Anuncio que o vindeiro martes imos actualizar as pensións dos nosos maiores para o ano 2022", así o manifestou Sánchez durante a súa intervención nun acto do PSOE en Xixón.

Concretamente, o Goberno destinará unha partida de 6.500 millóns de euros na "dignificación" das pensións dos maiores. "A pesar das dificultades e erros, o Goberno non descansou un só día para mellorar a dignificación dos nosos maiores", dixo.

As pensións galegas, á cola do Estado

Este anuncio chega tras a polémica decisión de aumentar o período de cómputo das pensións, primeira contrapartida asumida polo Goberno español dentro do plan de asistencia financeira estabelecida pola Comisión Europea como parte do programa Next Generation.

Enmárcase dentro dunha proposta máis ampla de reforma do actual sistema, onde cómpre situar o proxecto remitido polo Executivo ao Congreso dos Deputados no mes de xullo.

Isto afecta especialmente o país galego, territorio onde os e as pensionistas perciben a segunda cantidade más baixa do Estado. 

De media, reciben 865,29 euros, moi por debaixo da  estatal de 1.169 euros. Tan só Estremadura queda por detrás da Galiza, segundo datos do ano 2020 ofrecidos polo Ministerio de Seguridade Social.