O Parlamento iraniano aproba fechar o estreito de Ormuz, por onde pasa 20% do petróleo
O Irán está perto de fechar o estreito de Ormuz, despois e que o Parlamento iraniano aprobase este domingo o feche desta vía marítima estratexia.
Por ese mundo pasa 20% do petróleo mundial. A decisión aínda é non definitiva, faltando o "si" definitivo do Consello Supremo Nacional do Irán.
Con todo, o lexislador e comandante da Garda Revolucionaria, Esmail Kosari, declarou o domingo que facelo está na axenda e "farase cando sexa necesario". De confirmarse, a decisión será unha resposta directa aos ataques norteamericanos e poderá ter un forte impacto nos mercados internacionais.
Ormuz é unha estreita canle que une o sur de Omán co norte de Irán, converténdose nun dos pasos marítimos máis importantes e estratéxicos do mundo. Constitúe a única vía para mover petróleo desde o Golfo Pérsico ao resto dos océanos e, aínda que ten un tráfico limitado debido ás súas dúas únicas vías de apenas 3 quilómetros, aproximadamente unha quinta parte da produción global deste combustible circula polas súas augas, segundo asegura a BBC.
Marco Rubio pide a China que interceda
O secretario de Estado norteamericano, Marco Rubio, pediu á China que incentive o Irán a non “fechar” o estreito de Ormuz.
“Incentivo o Goberno chinés en Pequín a contactar co Irán, porque dependen fortemente do estreito de Ormuz para o petróleo”, dixo Rubio nun programa da Fox News na mañá do domingo
“Se o fixeren [fechar o estreito], será outro erro espantoso. Será un suicidio económico para o Irán. Nós temos alternativas para lidar con iso, mais outros países deben estar atentos”.

