Papa Francisco, sobre Charlie Hebdo: "A liberdade de expresión ten límites"

O Papa Francisco terciou no debate arredor do atentado de Charlie Hebdo cunhas declaracións que sorprenderon á opinión pública ao afirmar que “a liberdade de expresión ten límites”. 

 

Papa Francisco
photo_camera Papa Francisco

“Non se pode provocar. Non se pode insultar a fe dos demais. Non pode un burlarse da fe. Non se pode”, dixo o Papa Francisco nas declaracións pronunciadas no voo que o conducía esta quinta feira a Filipinas arredor do atentado ao semanario Charlie Hebdo en París. A pesar da condea ao atentado que expresou cun “matar en nome de Deus é unha aberración”, a máxima autoridade da igrexa católica desmarcouse da contundencia da condea xeralizada para afirmar que a liberdade de expresión “ten límites”. 

O Papa Francisco foi taxativo á hora de defender que non é lexítimo ofender a relixión e chegou a comparar o atentado coa violencia que pode xerar o ataque verbal á súa propia nai. “Se insulta a miña nai pode levar un puñetazo”, dixo, dunhas palabras que non tardaron en dar a volta ao mundo e contribuír á polémica. 

Comentarios