INTERNACIONAL

Pantoja, condenada por branqueo de capitais, aínda estivo en marzo na Galiza pagada pola CRTVG

Pantoja, condenada por branqueo de capitais, aínda estivo en marzo na Galiza pagada pola CRTVG

A artista española actuou no programa Luar cando xa fora imputada na operación Malaya contra a corrupción urbanística

photo_camera Pantoja e Gayoso no 'Luar'


A artista española Isabel Pantoja foi condenada a dous anos de cárcere e unha multa de 1,1 millóns de euros por un delito de branqueo de capitais. Na execución da sentenza será cando se decidir se entra en prisión malia non chegar ao tempo mínimo de cumprimento (dous anos e un día), non ter antecedentes e ter afrontado a responsabilidade civil.

A Pantoja prendérona o dous de maio de 2007 e foi posta en liberdade unhas horas despois após pagar 90.000 euros en relación a delitos de branqueo de capitais no marco do denominado caso Malaya contra a corrupción urbanística.

En febreiro de 2010 ficou finalmente imputada, sendo aínda parella sentimental de Julián Muñoz, o ex alcalde de Marbella que metía diñeiro negro no seu domicilio gardado en bolsas do lixo, segundo chegou a apuntar a tamén imputada Maite Zaldívar.

Canto cobrou Isabel Pantoja da CRTVG, é dicir, [email protected] [email protected]?

Desde 2010 Pantoja aínda visitou os platós da televisión pública galega, nomeadamente a discoteca Dona Dana, en Touro, onde se grava o programa Luar. Fíxoo este ano, en marzo de 2013, nunha polémica contratación que chegou até o Parlamento galego en forma dunha pregunta formulada polo BNG e que foi xustificada polo director do ente público, Alfonso Sánchez Izquierdo, argumentando que a cantante española "recortou" un 25% o seu caché para actuar no programa en relación á última vez que estivera, en 2009, malia que non concretou nin canto se lle pagou daquela nin canto cobrou desta volta.

A deputada nacionalista Montse Prado arremeteu contra a televisión nacional por pagar con diñeiro público "a publicidade de persoas procesuadas por un delito continuado de branqueo de capitais" e preguntou a Sánchez Izquierdo se seguirían as contratacións de "persoas que están á espera de sentenza por un proceso xudicial como o da operación Malaya". Prado insistiu en que a actuación de Pantoja unha vez imputada fica fóra da función de servizo á cidadanía que deben cumprir os medios públicos. 

Porén, o director da CRTVG considerou que Pantoja "encaixa na filosofía" do Luar, sinalando esta como "a fórmula de pór no escenario a tradición musical galega con artistas españois e internacionais" e recusou dar cifras ao redor dos custos de ouvir o 'Se me enamora el alma'. Fose cal fose a cifra, saiu integramente do peto [email protected] [email protected]

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios