Mulleres e afro-american@s gañan presenza nas bancadas demócratas tras as eleccións nos EUA
Após coñecérense os resultados electorais nos EUA, a composición do Senado reflicte múltiples cambios a respesto do ano 2008. Entre eles, a incorporación de nov@s polític@s que outorgan maior pluralidade á Cámara. No entanto, boa parte das mudanzas que se introducirán entre @s senador@s estadounidenses prodúcense nas bancadas do Partido Demócrata, entrementres @s republicanos --que perden algúns dos seus representantes por mor do discurso mantido polo Tea Party-- continúan a representar a faciana máis conservadora do país.
Mulleres e afro-american@s van gañando a batalla
"Una nación que gasta más diñeiro en armamento militar que en programas sociais achégase á morte espiritual", dicía Martin Lutter King nun perfecto retrato da sociedade norteamericana do seu tempo e do de agora. Porén, moito mudou a realidade social dos EUA desde as súas verbas.
Por vez primeira na historia os 'homes brancos' serán minoría entre @s demócratas
Barack Obama, convertíase nas eleccións presidenciais de 2008, no primeiro negro que chegaba a unha cadeira presidencial reservada só para 'homes brancos', como a Casa en que repousa e após os comicios do pasado día 6, corenta e tres senadoras e senadores negr@s ocuparán cadansúa cadeira polo partido demócrata.
Aliás, xunto a el@s, sentarán 61 mulleres --fronte as 15 senadoras que foran eleitas na pasada lexislatura (11 demócratas e 4 republicanas); unha quinta parte das cadeiras serán ocupadas por elas, despois de séculos cunhas bancadas onde só se escoitaban voces masculinas. Asemade, por vez primeira, un Estado norteamericano, New Hampshire, terá só mulleres como representantes institucionais.
Porén desde o funeral de Lutter King e o enterro de Malcom X --dúas das principais figuras na loita polos dereitos civís nos EUA-- aínda fican entre as mudanzas, retallos da segregación racial que impedía ás persoas negras sentaren mesmo nun asento do autobús urbano, como lle aconteceu a Rosa Parks --tamén así revolucionaria na defensa dos dereitos da súa comunidade. Neste senso, diversos mapas elaborados co gallo das presidencias de 2012, reflicten que o cadro segregacionista dos anos 50, inflúe no comportamento electoral do século XXI.