Once mortos nun ataque ultradereitista en Alemaña

En Hanau, a 20 quilómetros de Frankfut. Nove persoas morreron polos disparos contra dous locais frecuentados por persoas de orixe árabe. O corpo do presunto autor apareceu sen vida nunha vivenda canda o da súa nai, tamén falecida. Segundo medios alemáns, deixou unha carta e un vídeo con argumentario da ultra dereita. A Fiscalía apunta a unha "motivación xenófoba".

policia alemaña tiroteo
photo_camera Control da policía alemá (Europa Press)

Once persoas mortas nunha noite de ataques en Hanau, Alemaña: nove tiroteadas en dous bares desta localidade alemá perto de Frankfurt, e dúas falecidas atopadas nunha vivenda, unha delas o presunto autor dos disparos contra os locais hostaleiros. A outra persoa sería a súa nai, segundo medios alemáns, que tamén apontan que o presunto responsábel dos disparos deixou unha carta e un vídeo con argumentos da ultra dereita. A Fiscalía xeral alemá apunta a un ataque por "motivación xenófoba".

Os seus ataques foron contra dous locais , un kebab e un 'shisha' (local de consumo de cachimbas de auga), que estaban no centro da cidade. En ambos os dous faleceron nove persoas, No primeiro, asasinou cinco mozos, unha delas unha muller. 

O alcalde de Hanau, o socialdemócrata Claus Kaminsky, dixo estar “moi afectado” e fixo un chamamento á veciñanza a que “non contribúa a alimentar as especulacións. A policía debe agora clarificar a situación e até entón, debemos ser prudentes”. Unhas afirmacións feitas horas antes de que xornais xermanos informasen de que se atopara material de extrema dereita na vivenda do presunto autor, de orixe alemá e identificado como Tobias R por eses medios. 

Comentarios