OEA, o brazo do Imperio
O crecente intervencionismo da Organización de Estados Americanos (OEA), exemplificado na ofensiva contra o goberno constitucional de Venezuela, responde aos intereses de Washington e da oligarquía continental para forzar un cambio de ciclo que poña fin aos gobernos progresistas. Eis un extracto da información, publicada no semanario.
A ofensiva contra o goberno de Venezuela vén de colocar a Organización de Estados Americanos (OEA) nunha situación crítica de tensión, só superada pola exclusión de Cuba en 1962. A OEA axiu desde a súa constitución en 1948 como un instrumento ao servizo da estratexia “panamericanista” coa que Washington tencionaba asegurar a súa hexemonía continental. No entanto, a belixerancia inxerencista despregada pola organización desde a chegada á secretaría xeral do uruguaio Luis Almagro supón un perigoso xiro que volve poñer en cuestión a necesidade e existencia mesma da propia OEA.
[Podes ler a peza íntegra no número 243 do Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]