OEA, o brazo do Imperio

O crecente intervencionismo da Organización de Estados Americanos (OEA), exemplificado na ofensiva contra o goberno constitucional de Venezuela, responde aos intereses de Washington e da oligarquía continental para forzar un cambio de ciclo que poña fin aos gobernos progresistas. Eis un extracto da información, publicada no semanario.

OEA_goodwpCOM (1)

A ofensiva contra o goberno de Venezuela vén de colocar a Organización de Estados Americanos (OEA) nunha situación crítica de tensión, só superada pola exclusión de Cuba en 1962. A OEA axiu desde a súa constitución en 1948 como un instrumento ao servizo da estratexia “panamericanista” coa que  Washington tencionaba asegurar a súa hexemonía continental. No entanto, a belixerancia inxerencista despregada pola organización desde a chegada á secretaría xeral do uruguaio Luis Almagro supón un perigoso xiro que volve poñer en cuestión a necesidade e existencia mesma da propia OEA.

3O actual secretario xeral da OEA é unha peza chave nunha deliberada reorientación da organización, na que se agudiza o seu rol de intervención face a súa misión integradora. Os posicionamentos da dirección da OEA, baixo ditado de Almagro, pivotan sobre unha interpretación a contrario sensu do papel que esta debe xogar. O artigo primeiro dos principios fundacionais recolle que “a OEA non ten máis facultades que aquelas que expresamente lle confire a presente Carta, ningunha de cuxas disposicións a autoriza a intervir nos asuntos da xurisdición interna dos Estados membros”. O ultimato lanzado por Almagro contra o goberno constitucional da República Bolivariana de Venezuela, no que exixía a convocatoria anticipada de eleccións presidenciais nun prazo de 30 días sob ameaza de promover a súa exclusión da organización, colida claramente con ese principio.

[Podes ler a peza íntegra no número 243 do Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]

Comentarios