Comercio de armas

Novo tiroteo nos USA reabre debate sobre armas

O debate sobre acceso e posesión de armas reábrese nos Estados Unidos após un novo masacre, desta volta en Virxina, un estado de tradición conservadora e sede do lobby Asociación Nacional do Rifle.

Centro Municipal de Virxinia
photo_camera Centro Municipal de Virxinia

Un novo tiroteo nos USA acaba coa vida de, polo de agora, 13 persoas e deixa 10 feridas. O atacante irrompeu a tiros no Centro Municipal de Virxinia Beach e resultou finalmente abatido pola policía.

O debate sobre acceso, posesión e comercialización de armas vólvese abrir após producirse o novo masacre nun estado como o de Virxinia, de tradición conservadora e fortín do lobby ultradereitista Asociación Nacional do Rifle

O Estado de Virxina non se sabe nin cantas armas hai nas casas da xente nin que persoas as posúen

Após os disparos, un dos máis destacados senadores demócratas, Cory Booker, opúxose na súa conta de twitter á lexislación armamentística vixente e expresou as súas condolencias para as familias das vítimas. "Temos o poder para deter isto: podemos e ditaremos leis de seguridade de armas con sentido común para poñer fin a estas traxedias", afirmou.

Virxinia lembra agora o 2007 cando un estudante asasinou a 32 persoas no campus universitario de Virxinia Tech

Na mesma liña, outros membros demócratas do Senado como Kamala Harris expresaron a necesidade de axir fronte as armas, no seu caso lamentou nas redes que "demasiadas comunidades quedaron esnaquizadas pola violencia armada, non podemos seguir de brazos cruzados".

Os tiroteos repítense con asiduidade nos Estados Unidos. Virxinia lembra agora o 2007 cando un estudante asasinou a 32 persoas no campus universitario de Virxinia Tech.

En Virxinia, adolescentes de 12 anos xa poden mercar armas como fusís de asalto

Este Estado é un dos máis permisivos coas armas e lugar de peregrinaxe para calquera estadounidense que desexe facerse con elas, xa que non se require de ningunha licenza para adquirir unha arma nin hai obriga de realizar rexistros de propiedade, é dicir, en Virxina non se sabe nin cantas armas hai nas casas da xente nin que persoas as posúen.

Adolescentes de 12 anos xa poden mercar armas como fusís de asalto con permiso do pai ou mai, aínda que non poden optar a compra de pistolas até cumpriren os 18.

Masacre no Centro Municipal

O informe policial sinala que o atacante armado empregou unha pistola de calibre 45 cun silenciador e que ademais coñecía o edificio, pois era traballador da propia institución onde aconteceron os feitos, o Centro Municipal de Virxinia.

Crese que o número de persoas falecidas podería pasar das 13 vítimas mortais

A Policía atopou vítimas nos tres pisos do edificio e unha fóra, nun vehículo. Debido á gravidade dos feridos, crese que o número de persoas falecidas podería pasar das 13 vítimas mortais. Un policía tamén foi disparado, mais salvouno o chaleque antibalas.

Comentarios