Nove persoas falecidas nun tiroteo nunha escola en Canadá

A presunta responsábel dos feitos tamén tería disparado contra dúas persoas nunha vivenda próxima ao centro educativo.

Escola secundaria de Tumbler Ridge . (Foto: Tumbler Ridge Secondary School Geopark)
Escola secundaria de Tumbler Ridge . (Foto: Tumbler Ridge Secondary School Geopark)

Ao menos nove persoas faleceron esta terza feira e 27 resultaron feridas nun tiroteo nunha escola de secundaria no municipio de Tumbler Ridge, na Columbia Británica de Canadá, onde a presunta responsábel quitouse a vida após unha serie de ataques que deixou vítimas tanto no recinto do centro educativo como nunha vivenda próxima.

A Policía Montada canadense informou nun comunidade de que os seus axentes entraron na escola após recibir unha alerta sobre un tirador activo, unha “muller con vestido e cabelo castaño” segundo a descrición da mesma, que atoparon morta a súa chegada.

Aliás, do corpo, atoparon no centro educativo “seis persoas máis mortas” e informaron de que outra vítima “faleceu mentres era trasladada ao hospital”.

No marco da investigación, a Policía asegurou ter identificado unha segunda localización relacionada cos feitos, unha residencia na que “se encontraron dúas vítimas adicionais falecidas”.

Nesta liña, apuntaron que os axentes “están realizando rexistros adicionais noutras casas e propiedades para determinar se alguén máis podería estar ferido ou estra relacionado dalgunha maneira cos sucesos”.

Comentarios