Multitudinario adeus a Chávez en Caracas

Seis horas de marcha multitudinaria para despedir a Chávez. Iso é o que se está a viver en Caracas, a primeira das cerimonias de despedimento do líder bolivariano. Una impresionante mostra de dor popular sen precedentes non só no país, senón en todo o continente. Maduro, no meio de milleiros, camiña a pé, acarón del vai Evo Morales. Seis países latinoamericanos declararon 3 días de loito oficial: Cuba, Uruguai, Arxentina, Bolivia, Ecuador, Brasil. Irán e Bielorrusia tamén se sumaron ao loito en solidariedade con Venezuela.

Seis países latinoamericanos, Irán e Bielorrusia declararon loito oficial

Unha maré vermella interminábel andou a pé as compridas avenidas de Caracas, en dirección á Academia Militar. Seis horas de marcha para homenaxear o líder bolivariano, o que testemuña o enorme apoio popular do que gozaba o máximo dirixente do Partido Socialista Unido de Venezuela.

Podes acompañar a marcha que despide a Hugo Chávez desde www.telesur.net. O féretro do líder bolivariano está a ser trasladado nestes mesmo momento, por entre un océano humano, até a Academia Militar. Alí ficará a vindeira sexta feira, en que se realizará o funeral.

Comentarios