Máis dúas mulleres asasinadas no Estado español pola violencia machista
22 de maio de 2013 (12:46 h.)
No que vai de ano son 24 os feminicidios contabilizados, máis dun por semana
A violencia machista deixou nas últimas horas máis dúas mulleres asasinadas no Estado español. Un home matou en León a súa compañeira, de 19 anos. Tal e como el propio confesou nun centro hospitalario, a onde acudiu para recibir asistencia médica após sufrir un accidente de carro, asfixiou a muller na súa vivenda e deixouna alí, sen se preocupar de se seguía ou non con vida.
En Córdoba outro home asasinou a súa compañeira, de 50 anos de idade. Xa foi detido.