Rusia di que os jihadistas de París "loitaron" en Siria co "apoio" de Occidente

Serguei Lavrov, ministro de Asuntos Exteriores de Rusia, salienta que nese combate contra o goberno sirio houbo “apoio dos nosos colegas de Occidente”. Moscova é un aliado do goberno de Bashar al-Asad. 

siria

O Ministro de Exteriores de Rusia, Serguéi Lavrov, afirmou que o ataque terrorista contra a revista 'Charlie Hebdo' en París foi executado por persoas que combateron en Siria para derrocar o presidente Bashar al-Asad, segundo informa RT citando a axencia TASS.

Segundo Lavrov, os terroristas esténdese por todo o mundo. "Eses dous irmáns que atacaron a oficina editorial da revista en París dominaron a 'arte do terror' en Siria, loitando, a propósito, a carón dos que intentaban resolver o problema, co apoio dos nosos colegas de Occidente, co obxectivo de derrocar a Bashar al-Asad", afirmou o chanceler ruso.

Comentarios