No mínimo 3 persoas mortas e doce feridas nun tiroteo en Estrasburgo

A Fiscalía francesa investiga o suceso como un atentado terrorista. O autor dos disparos, de 29 anos, está identificado mais aínda non foi detido.

estrasburgo atentado

Un home armado realizou varios disparos na noite da terza feira perto do mercado de Nadal de Estrasburgo, matando tres persoas e ferindo outras doce das cales cinco están en estado moi grave. A policía logrou identificar o presunto autor dos disparos, que permanece fuxido, e estaría ferido.


É unha persoa de 29 anos de idade nacido na mesma cidade alsaciana e que estivo preso sete anos  por diversos delitos comúns. Estaba fichado pola súa radicalización relixiosa. Esta mesma terza feira, pola mañá, e no marco dunha investigación por un roubo a man armada foi rexistrada a súa morada, atopando a policía varias granadas de man.


A Fiscalía de París, encargada dos casos de terrorismo, asume a investigación do tiroteo.


Os axentes cercaron un edificio na zona da Praza de Etoile de Estrasburgo pola sospeita de que o autor do tiroteo estea no interior do mesmo.

Comentarios