Mensaxe da Axencia Estatal de Meteoroloxía: "A DINA segue. Non te confíes"

Aemet trasladou esta mensaxe a través da súa conta de Twitter para pedir precaución.
ROBER SOLSONA….20241030…VALENCIA……ZONA DE ALFAFAR DESPUES DE LA DANA.
Consecuencias da DINA. (Foto: Roberto Solsona / Europa Press)

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) lanzou esta quinta feira unha mensaxe "moi clara": "A DINA segue sobre o Estado español. Están a producirse tormentas moi intensas, onte en Andalucía, hoxe en Castelló. Imos seguir así grande parte da semana".

Aemet trasladou esta mensaxe a través da súa conta de Twitter para pedir precaución: "Non só é que chove sobre mollado, senón que moitos recursos están centrados na emerxencia de Valencia. Actuar con sentido común e seguindo indicacións de '112', Delegación de Goberno e Bombeiros".

E pediu á poboación que se manteña informada: "Non te confíes. Non teñas sensación de falsa seguridade en zonas do litoral onde non chove".

A este respecto, matizou que moitas vítimas da provincia de Valencia producíronse en zonas onde non chovía arrastrados pola riada. "A crecida dun barranco prodúcese moi rápida", sinalou.

Na noite de onte, 30 de outubro, estaban confirmadas 95 mortes, 92 no País Valencià, dúas en Castela-A Mancha e unha en Andalucía, ás que hai que engadir ducias de desaparicións a raíz sobre todo das chuvias da terza feira causadas por unha depresión illada en niveis altos (DINA), tamén coñecida como gota fría, común na contorna do mar Mediterráneo.

Comentarios