luns 29/11/21

Maduro lidera os inquéritos a un mes das presidenciais

Segundo a enquisa realizada por  Datanálisis o candidato bolivariano conta cunha intención de voto do 49,2%. Fronte a el, o líder opositor Henrique Capriles contaría só cun 34,6% dos apoios.

Os primeiros inquéritos electorais en Venezuela comezan a se facer públicos a pouco menos dun mes das eleccións presidenciais. Neste senso, a empresa de investigación de mercados Datanálisis --vinculada coa entidade financeira transnacional Barclays-- vén de publicar esta segunda feira unha primeira enquisa sobre intención de voto.

Nos resultados tirados do estudo desenvolvido do 11 ao 13 de marzo, após rexistrárense as candidaturas no CNE, o presidenciábel Nicolás Maduro avantaxa en máis de 14 puntos ao líder da oposición Henrique Capriles. Neste senso, o 65% do electorado cre que Maduro será o novo presidente da República Bolivariana de Venezuela.

A empresa de investigación Datanálisis, que mantén estreitas ligazóns coa dereita venezolana e que chegou a publicar informes contrarios a Chávez durante a súa convalecencia, asegura nos resultados tirados do inquérito que perto do 50% da poboación chamada ás urnas o vindeiro 14 de abril votaría polo candidato do Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV) entrementres só o 34,6% daría o seu apoio ao líder opositor, Henrique Capriles cuxos resultados se achegarían moito aos colleitados nas presidenciais do pasado ano.

Maduro lidera os inquéritos a un mes das presidenciais
comentarios