Llarena volve impedir que Jordi Sànchez poida acudir á súa sesión de investidura

O maxistrado do Tribunal Supremo impide así que o candidato participe física ou telematicamente no Parlament e bloquea de novo a lexislatura.

Sanchez
photo_camera Sanchez

O maxistrado do Tribunal Supremo, Pablo Llarena, rexeitou esta quinta feira e por segunda vez a solicitude do deputado de Junts per Catalunya e candidato á investidura como president da Generalitat, Jordi Sànchez, para participar na sesión de investidura prevista para esta sexta feira.

A defensa de Jordi Sànchez formulara esta terza feira a Llarena até tres alternativas para que o exlíder da ANC participase no debate sobre a investidura: liberdade provisoria, permiso extraordinario para pode saír do cárcere de Soto Real só para asistir ao Parlamento en persoa e, en última instancia, expoñer o seu programa por videoconferencia da prisión.

A defensa insistiu nunha carta que non recibiu resposta do xuíz Llarena,  a que se "habiliten as medidas necesarias" para que Sànchez "poida participar como candidato" na sesión de investidura, tal e como se pode establece no requerimento feito polo Comité de Dereitos Humanos da ONU.

Comentarios