Caso Gürtel

Liberdade provisoria para a muller de Bárcenas após depositar a fianza de 200.000 euros

A cantidade foi depositada por un total de 18 persoas.

rosalia iglesias barcenas

A sección segunda da Sala do Penal acordou a liberdade provisoria de Rosalía Iglesias, muller de Bárcenas, una vez que depositou os 200.000 euros fixados para saír de prisión. A cantidade foi depositada por un total de 18 persoas.  O auto xa foi remitido á prisión de Soto del Real. Agora, Iglesias ten como medidas cautelares a retirada do pasaporte, presentarse cada 15 días perante o xuíz e a prohibición de saír do Estado español.

O extesoureiro do PP Luis Bárcenas e a súa muller, Rosalía Iglesias, mantiveron un encontro na prisión de Soto del Real ao pouco de entrar ela no cárcere, o que xerou malestar en sindicatos de funcionarios de prisións por entender que era algo “moi excepcional”.

Comentarios