xoves 13/08/20

Juan Carlos I, sendo xefe do Estado, pechou unha conta en Suíza tras endurecerse a lei

A comisión rogatoria do fiscal suízo detalla que Juan Carlos I "asinou unha orde de transferir o saldo da conta da fundación Lucum ─da que era primeiro beneficiario─ a Corinna Larsen.
Juan Carlos I era xefe do Estado español en 2012 (Europa Press)
Juan Carlos I era xefe do Estado español en 2012 (Europa Press)

O rei emérito, Juan Carlos I, pechou unha conta nun banco de Xenebra en xuño de 2012, mentres exercía como xefe de Estado, debido á "nova lexislación fiscal suíza".

Este dato figura na comisión rogatoria enviada polo fiscal suízo Yves Bertossa ao xuíz do caso Villarejo, segundo informou nesta terza feira, 24 de marzo, o xornal madrileño El País.

O informe detalla que Juan Carlos I "asinou unha orde de transferir o saldo da conta da fundación Lucum ─da que era primeiro beneficiario─ a Corinna Larsen a nome da sociedade Solare Investors Corporation no banco Gonet e Cie en Nassau (Bahamas)".

Unhas pescudas levadas a cabo a partir do rexistro dos despachos do avogado Dante Canonica e do xestor de fondos Arturo Fasana, que administraban a fundación Lucum.

Na pasada quinta feira, 19 de marzo, as forzas soberanistas no Congreso presentaron , unha petición para crear unha comisión de investigación sobre o rei emérito. 

comentarios