Joe Biden aposta por Kamala Harris, polémica fiscal xeral

Antes de ser senadora por California, foi fiscal xeral do Estado. Desde que asumiu o cargo en 2011, ten un longo currículo de evitar investigar os casos de mortes a mans da Policía.
08 June 2020, US, Washington: US Senator Kamala Harris speaks during a press conference with Congressional Democrats to unveil sweeping police reform bill called the "Justice in Policing Act,". Photo: Michael Brochstein/ZUMA Wire/dpa
ONLY FOR USE IN SPAIN

08 June 2020, US, Washington: US Senator Kamala Harris speaks during a press conference with Congressional Democrats to unveil sweeping police reform bill called the "Justice in Policing Act,". Photo: Michael Brochstein/ZUMA Wire/dpa
  (Foto de ARCHIVO)

8/6/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera Harris ten fama de eludir pesquisar as mortes a mans da Policía (Michael Brochstein / ZUMA)

"Teño a grande honra de anunciar que elixín a Kamala Harris, unha loitadora intrépida en favor xente común e unha das mellores funcionarias, como a miña compañeira de fórmula", confirmou nas últimas horas Joe Biden, ex vicepresidente e virtual candidato demócrata nas eleccións presidenciais de novembro, na súa conta de Twitter.

Kamala Harris, de pai xamaicano e nai india, identifícase a si mesma como negra. Ten ao seu favor que podería atraer votantes de orixe surasiática, unha das poucas comunidades que non votan demócrata en masa. Porén, antes de ser senadora por California, foi fiscal xeral do Estado. Desde que asumiu o cargo en 2011, ten un longo currículo de evitar investigar os casos de mortes a mans da Policía.

Joe Biden salientou, pola contra, que durante a súa etapa como fiscal xeral, Harris "enfrontouse aos grandes bancos, axudou as persoas traballadores e protexeu mulleres e nenos fronte aos abusos". "Estaba orgulloso entón e estou orgulloso agora de tela como compañeira nesta campaña", engadiu.

Harris, de 55 anos, é a única muller negra no Senado e o anuncio de Biden convértea ademais na primeira muller negra en ser designada como candidata á Vicepresidencia por parte de calquera dos dous principais partidos do país norteamericano.

"Síntome honrada de unirme a el como candidata a vicepresidenta do noso partido e facer o que sexa necesario para o converter no noso comandante en xefe", escribiu Harris, tamén no Twitter, onde salientou que Biden "pode unificar o pobo estadounidense xa que pasou a súa vida loitando por nós".

Está previsto que tanto Biden como Harris acepten as súas candidaturas a semana que vén durante a Convención Nacional Demócrata, á que o primeiro non acudirá persoalmente por mor da pandemia de coronavirus. A segunda anunciou en xuño o seu apoio a Biden argumentando que "non hai ninguén mellor preparado".

"Esquerda radical"

Axiña se coñeceu a designación, o presidente Donald Trump publicou un vídeo nas redes sociais onde ataca a Harris, cualificándoa de "farsante". 

A Biden, ao que chama habitualmente "Slow Biden" para insinuar que "non é moi intelixente", acúsao de "entregar as rendas" do Partido Demócrata a Kamala e á "esquerda radical".

Comentarios