Israel crea unha axencia estatal para expulsar a poboación palestina de Gaza
A cifra de mortos polos ataques israelís na faixa supera xa os 50.000.
O Gabinete de Seguridade do Consello de Ministros israelí probou a creación dunha axencia estatal para xestionar o que cualifican como "saída voluntaria" da poboación palestina da faixade Gaza cara a outros países, un organismo que dependerá do Ministerio de Defensa israelí.
Mais, tal e como sinalan desde Palestina e organizacións de dereitos humanos de todo o mundo, esa denominación o que pretende é “disculpar” unha “limpeza” da poboación palestina de Gaza.
A nova axencia coordinará as accións doutros organismos oficiais, como as Forzas Armadas, o Shin Bet —servizos secretos para o interior de Israel e os territorios ocupados— ou a Policía, aínda que estará baixo a autoridade do ministro de Defensa, Israel Katz.
Poderá ademais comunicarse con organizacións internacionais para "preparar e facilitar a saída segura e supervisada da poboación de Gaza que desexe marcharse voluntariamente a terceiros países", segundo a proposta do propio Katz aprobada polo Goberno e recollida polo diario Yedioth Aharonoth.
Así, deberá garantir a saída segura a través de rutas e encargarase de instalar controis para a poboación que abandone a pé o enclave a través dos pasos fronteirizos. Despois coordinará a infraestrutura e os desprazamentos terrestres, marítimos e aéreos ata os países de destino.
A alta representante da Unión Europea para a Política Exterior, Kaja Kallas, viaxará esta segunda feira a Israel e Palestina, con cuxos representantes manterá encontros para insistir na necesidade de volver ao cesamento do fogo e subliñar a importancia de que a axuda humanitaria entre no enclave.
Os ataques de Israel en Gaza están a intensificarse desde querachou o cese do fogo a semana pasada, e o Ministerio de Saúde da faixa informou este domingo que máis de 50.000 palestinos morreron desde o inicio da campaña militar que Israel en outubro de 2023.

