Independencia de Catalunya: 49% a favor e 41% en contra

A enquisa ‘Percepción sobre o debate territorial en España 2019’ indica que hai 8 puntos de diferencia a prol das independentistas.

catalunya adriá Costa (Nacio Digital)
photo_camera (Nacio Digital)

49,3% dos cataláns e catalás está a favor de que Catalunya sexa unha república independente mentres 41,2% están en contra. O resto, non sabe ou non responde. Esta é unha das conclusións da enquisa "Percepción sobre o debate territorial en España 2019", elaborada en todo o Estado polo Centro d'Estudis d'Opinió (CEO) por encargo do Govern catalán. No resto do Estado 14% apoia a independencia de Catalunya.

Isto bate cos resultados do traballo do Centro d'Estudis d'Opinió (CEO) presentado a semana pasada, segundo a cal 49,3% dos cataláns estaba en contra da independencia, que só foi defendida por 40.

O referendo de autodeterminación non ten o apoio maioritario da sociedade española. 36,2% dos enquisados ​​defende o referendo, porcentaxe que cae a 29,8% se só se ten en conta a cidadanía do Estado sen contar Catalunya. Un 52% están en contra (58% se se exclúe a resposta dos e das catalás).

No que atinxe a un eventual referendo en todo o Estado sobre a relación con Catalunya, as e os cataláns están maioritariamente en contra que, no que respecta ás persoas enquisadas do resto do Estado, hai máis favorábeis que detractores.

Un 44% dos e das cidadáns do Estado, en todo caso, consideran que non se pode facer ningún tipo de consulta ou referendo sobre a unidade territorial pois consideran que “a unidade española non se pode votar”.

Asumir resultados

En todo caso, se finalmente houber referendo legal e acordado, 53,3% das persoas enquisadas aceptarían o resultado mentras que 40% non. En Catalunya o nivel de aceptación dos resultados elévase a 81%.  

Parabesta sondaxe entrevistáronse 3.600 persoas, delas perto de 200 na Galiza.

Comentarios