Illa (PSC) presentarase á investidura e asegura que "o cambio é imparabel"

Pon en valor a “vitoria clarisima en votos” dos socialistas.

Salvador Illa
photo_camera Salvador Illa (Foto: PSC)

O candidato do PSC á Presidencia da Generalitat, Salvador Illa, asegurou este domingo que se presentará á investidura tras gañar as eleccións catalás con 640.376 votos (22,97%) e 33 escanos, co 98,35%  escrutado, e asegurou que "o cambio é imparábel".

"A vitoria clarísima do PSC en votos ten un significado moi claro: o de pasar páxina e abrir unha nova etapa en Cataluña, de cambio. De cambiar para reencontrármonos, de reencontrármnos para avanzar, para volver escoitarnos, a mirarnos, a atoparnos", dixo nunha comparecencia telemática para valorar os resultados.

Aínda que ve imparábel o cambio, advertiu de que a vitoria é un gran paso cara adiante, pero só o primeiro, porque haberá máis, dixo: "Cataluña volveu esta noite. A Cataluña de sempre, a que nunca se foi".

Insistiu en que o cambio chegou para quedar e agradeceu aos cidadáns que "votaron con esperanza, con afecto e mirando ao futuro", e ve un sentimento de reencontro amplo e maioritario en Cataluña. "Dos cataláns con nós mesmos, dos cataláns cos españois e dos cataláns co resto de europeos", engadiu.

Para el, o que demostran os resultados é que non hai outra solución que o reencontro, e agradeceu o apoio do presidente do Goberno, Pedro Sánchez --"esta vitoria é a nosa vitoria"--, do ministro e líder do PSC,  Miquel  Iceta; dos seus asesores, e mencionou especialmente o seu amigo e alpinista Sergi  Mingote, falecido o 16 de xaneiro.

Comentarios