Gran Polo Patriótico gaña as eleccións en Venezuela

Con 67% dos sufraxios e escrutado 82%. A oposición incide na alta abstención e EUA e UE xa advertiron que non recoñecían a validez dos resultados.

Venezuela eleccións CNE
photo_camera As votación elexían 277 parlamentares (Foto: CNE)

O Consello Nacional Electoral de Venezuela (CNE) ofreceu unha información preliminar sobre os resultados das eleccións para a Asemblea Nacional do país  suramericano deste domingo. De acordo aos datos ofrecidos, tras computarse os primeiros resultados o Gran Polo  Patriótico Simón Bolívar alcanza a maior cantidade de votos.

A representante do organismo electoral venezolano informou que os primeiros cálculos outorgan ao Gran Polo  Patriótico Simón Bolívar o  67% dos votos emitidos, seguido da partidos Alianza Democrática, Comité de Organización Política Electoral Independente, Cambiemos Movemento Cidadán, Avanzada Progresista, e O Cambio.

Entre os observadores internacionais estaba o ex presidente español Rodríguez Zapatero, que defendeu a limpeza do proceso e que pediu “reflexión” á oposición venezolana

Así mesmo,  explicou que a xornada transcorreu en calma e coa participación do 31% dos 20.710.421 posíbeis votantes rexistrados no padrón electoral.

Así mesmo, o CNE informou de maneira preliminar que funcionaron os 14.221 Centros de Votación distribuídos en todo o territorio venezolano.

A votación deste domingo debía elixir 277 parlamentares para integrar a nova Asemblea Nacional durante o vindeiros cinco anos.

Entre os observadores internacionais estaba o ex presidente español Rodríguez Zapatero, que defendeu a limpeza do proceso e pediu “reflexión” á oposición venezolana. Algo que non convence a EUA e UE, que xa avisaron antes das eleccións que non recoñecerían os resultados.

Comentarios