Francia envía "as tanxugueiras bretoas" a Eurovisión

‘Fulenn’, un tema en bretón interpretado por un trío de rapazas da música de raíz deste país e acompañadas pola electrónica de Alvan van representar Francia no concurso europeo.

ahez
photo_camera Un momento da actuación na que público e xurado elixiron Ahez.

A candidatura de Francia para esta edición do Festival de  Eurovisión é unha aposta pola música tradicional bretoa adaptada a sons e maneiras do século XXI.

Isto é o que propuxeron Alvan & Ahez, unha proposta que encandlou público e xurado franceses, que non dubidaron en apoialos para representar Francia no celebre festival.

Alvan, un músico  multiinstrumentista especializado en electro, e Ahez, un trío formado por Marine, Sterenn D. e Sterenn L., tres cantantes bretoas de herdanza tradicional, que interpretan historias contemporáneas mesturadas cos ritmos do seu país, sendo comparadas por moitos eurofans con Tanxugueiras.

Con 'Fulenn', abordan a lenda bretoa dunha moza que se emancipa das normas sociais bailando de noite bañada pola luz dunha fogueira.

Alvan &  Ahez gañaron o Eurovision  France: C’ est  vous  qui  décidez, a final nacional organizada por France Televisions, con 'Fulenn',  interpretada en idioma bretón.

Comentarios