Falece aos 90 anos o intelectual Toni Negri

O intelectual italiano Toni Negri faleceu na maña de hoxe. Trátase dun dos pensadores de esquerda máis influínte no ámbito europeo. A súa achega é central na conformación do corpo doutrinal do posmarxismo

Marx-Herbstschule, Volksbühne / Prater, Antonio Negri
photo_camera Toni Negri (Foto: Nós Diario).

Toni Negri (Padúa, Italia, 1933) é autor dun abondosa obra teórica. Algúns dos seus libros máis coñecidos escribiunos na primeira década do século XXI, destacando entres eles Imperio e Multitude.

Imperio xerou unha viva polémica ao negar a existencia do imperialismo na actual fase do capitalismo. Neste sentido, foi contestado por autores marxistas, como Atilio Borón.

Multitude non estivo exento, tampouco, dun ácedo debate, estando considerado como un dos textos de referencia para as formulacións posmarxistas. Un dos seus aspectos básicos é a negación da categoría de soberanía e nación.

Negri converteuse nun dos autores de referencia para a posmodernidade, coa publicación do volume As verdades nómadas, elaborado en parcería con Félix Guattari. O traballo está considerado como unha das sínteses do denominado do pensamento débil.

O pensador italiano destacou, tamén, pola súa actividade militante. Adherido ao Partido Socialista Italiano, á volta de 1969 fixo parte do núcleo fundador de Poder Obreiro, un grupo marxista crítico co Partido Comunista Italiano.

Cárcere e exilio

Negri pasou varios anos no cárcere e no exilio francés tras ser acusado de facer da organización armada Brigadas Vermellas, algo que non puido ser demostrado na causa aberta contra el.

Os anos de exilio en Francia foron dos máis produtivos da súa actividade doutrinal. A súa relación con estes levouno a participar en 2005 nun acto do Partido Socialista francés en apoio á Constitución europea.

Comentarios