Eleccións Europeas 9-X

A extrema dereita gañaría en Austria e sería segunda forza en Alemaña, segundo as sondaxes

As enquisas a pé de urna que prognostican un afundimento do partido ecoloxista Os Verdes, socio de goberno do Partido Socialdemócrata (SPD) e do Partido Liberal Demócrata.

O partido de extrema dereita alemán Alternative für Deutschland. (Foto: Europa Press)
photo_camera O partido de extrema dereita alemán Alternative für Deutschland. (Foto: Europa Press)

A extrema dereita en Austria gañou as eleccións europeas cunha folgada vantaxe, segundo as primeiras estimacións publicadas este domingo. O xenófobo Partido Liberal de Austria (FPÖ) ascendeu até o primeiro posto cun 27% dos votos, segundo a proxección de tendencias presentada pola televisión pública ORF, por diante dos conservadores do Partido Popular Austríaco (ÖVP), do chanceler Karl Nehammer, que obtiveron 23,5%.

En terceiro lugar sitúanse os socialdemócratas do SPÖ, co 23% dos apoios, de acordo coa mesma enquisa á espera dos resultados finais. Os Verdes empatan cos liberais de NEOS, con 10,5% cada un. Alemaña.

Alemaña

A coalición Unión Demócrata Cristiá (CDU)/Unión Social Cristiá (CSU) foi a opción máis votada nas eleccións ao Parlamento Europeo en Alemaña (29%), segundo enquisas a pé de urna que prognostican un afundimento do partido ecoloxista Os Verdes, socio de goberno do Partido Socialdemócrata (SPD) e do Partido Liberal Demócrata.

En cambio, Os Verdes pasarían de 20,5% de 2019 a 12% por cento de apoio, segundo o estudo de Infratest/Dimap para a televisión pública ARD.

O segundo partido en votos sería segundo este estudo o ultradereitista Alternativa para Alemaña (AfD), que lograría ao redor de 16,4%, o que supón un importante ascenso con respecto ao 11% de hai cinco anos.

En terceiro lugar estaría o SPD do chanceler Olaf Scholz, cun 14% de apoio, 1,8 puntos menos que nas últimas eleccións europeas.

O cuarto posto é para Os Verdes, por diante de Alianza Sahra Wagenknecht-Pola Razón e a Xustiza, unha escisión da Esquerda, que logra 5,7%de votos, segundo a sondaxe a pé de urna. Detrás quedan o Partido Liberal Demócrata (FPD, 5 por cento), e A Esquerda, con 2,8 por cento.

Se se confirman estes resultados, a CDU/CSU tería 29 eurodeputados, seguido de AfD (16), SPD (14), Os Verdes (12), BSW (6), FDP (5), A Esquerda (3). Os 11 escanos restantes que corresponden a Alemaña irían para outras formacións.

Comentarios