Segundo Pilar Fenández, autora do blog A ponte entre Galiza e Escocia e gran coñecedora da situación política escocesa, a manifestación de hoxe podería superar a cifra atinxida na última convocatoria de AUOB, o pasado 5 de outubro, unha marcha na que a propia Fernández estivo presente como voluntaria da organización.
Son varios os argumentos legais que o Goberno escocés manexa para solicitar o indyref2. Entre estes están a Declaración de Arbroath, da que en abril se farán 700 anos. Outra manifestación, que se prevé mesmo máis masiva, está prevista para conmemorar a data.
Ademais, o Goberno de Escocia está a intensificar os seus contactos coa UE e con outros organismos internacionais de cara ao futuro post-Brexit a partir do 31 de xaneiro.
A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.