ERC e CUP acadan un preacordo para a investidura de Pere Aragonés

Republicanos e anticapitalistas ultiman un acordo que sitúa o referendo como o seguinte "embate democrático" e engade máis presión a Junts de cara á negociación.

Oriol aragonés ERC esquerra
photo_camera Pere Aragonês, no centro da imaxe (Foto: ERC)

Despois de semanas de negociacións, ERC anunciou este domingo pola noite un preacordo coa CUP para investir Pere Aragonès como president da Generalitat.

O preacordo ten catro eixos principais: a preparación das condicións para un novo referendo, as reformas da vivenda, o reforzo da atención primaria e a revisión do sistema de orde público catalán.

O preacordo someterase a votación nas asembleas da CUP e nos órganos internos de Esquerra nos próximos días. Neste sentido, a CUP informou que fará público se valida o acordo esta quinta feira.

A suma para que a candidatura de Aragonès á investidura siga adiante, en calquera caso, aínda precisa dos votos a favor de Junts, con que os republicanos seguen as negociacións.

Comentarios