Edmundo González pide ao exército desoír Maduro e favorecer o seu regreso para tomar posesión como presidente de Venezuela

Nun vídeo, chama aos corpos militares a non obedecer as "ordes ilegais" de "quen confisca o poder".

Edmundo González durante a súa declaración en vídeo esta sexta feira, 10 de xaneiro. (Foto: Europa Press)
Edmundo González durante a súa declaración en vídeo esta sexta feira, 10 de xaneiro. (Foto: Europa Press)

O líder opositor venezolano Edmundo González autoproclamouse "presidente da República Bolivariana de Venezuela" e "comandante en xefe" nun vídeo difundido esta sexta feira nas súas redes sociais. Segundo confirmou, "moi pronto" viaxará a Venezuela para tomar posesión como presidente despois de que Nicolás Maduro xurase o cargo na capital, Caracas.

"Estou moi preto de Venezuela. Estou listo para o ingreso seguro e no momento propicio farei valer os votos que representan a recuperación da nosa democracia", subliñou durante a súa mensaxe, na que di estar a traballar para o seu regreso.

Neste sentido, González asegurou que o presidente Nicolás Maduro "violentou a Constitución e a vontade soberana dos venezolanos expresada o 28 de xullo". "Consuma un golpe de estado. Autocoróase ditador", sentenciou. Así mesmo, referiuse a que na toma de posesión non o acompañou o pobo nin "ningún goberno que se respecte como democrático", senón só "ditadores" como os de Cuba ou Nicaragua, en alusión aos presidentes Miguel Díaz-Canel e Daniel Ortega.

O veterano opositor dixo, ademais, que ten "o deber" de "defender" o "compromiso" do pobo venezolano expresado nas urnas, polo que segue coordinando "todos os factores indispensábeis para garantir o retorno á liberdade".

Desobediencia

Edmundo González instou os corpos militares e policiais a cesar "a represión" ao tempo que  fixo un chamamento ás institucións nacionais a "descoñecer o réxime ilexítimo que pretende confiscar novamente o poder". "Como comandante en xefe, ordeno ao alto mando militar descoñecer as ordes ilegais que lle sexan dadas por quen confisca o poder e preparen as miñas condicións de seguridade para asumir o cargo de presidente da República que me confiou a soberanía popular", resaltou González.

Finalmente, trasladou o seu agradecemento a aqueles gobernos que o recoñecen como presidente electo. "Aos que non o fixeron, lémbrolles que nesta hora grave, na loita pola liberdade, non queda espazo para a neutralidade", resolveu.

As súas palabras prodúcense despois de que a líder opositora María Corina Machado confirmase que estivo en contacto con González nos últimos días mentres o veterano opositor levaba a cabo unha xira por todo o continente americano e cuxa última parada foi a República Dominicana, pero que lle pediu que non viaxase a Venezuela.

"Na súa paranoia delirante, o réxime non só fechou o espazo aéreo de Venezuela, senón que activou todo o seu sistema de seguridade. Avaliamos todo isto e decidimos que non é conveniente que o día de hoxe Edmundo ingrese a Venezuela. Pedinlle que non o faga porque a súa integridade é fundamental para a derrota final do réxime", explicou Machado pouco antes.

Terceiro mandato de Maduro

Venezuela celebrou a finais de xullo unhas eleccións presidenciais nas que o oficialismo outorgou a vitoria a Maduro, aínda que a oposición denunciou fraude no reconto de votos e reivindicou o triunfo de González, apoiado por parte da comunidade internacional.

Aínda que González asegurou que viaxaría esta sexta a Venezuela para tomar posesión do cargo, finalmente non foi así. Maduro, pola súa parte, recibiu a banda presidencial nun acto na Asemblea Nacional en Caracas rodeado de autoridades e representantes de máis dun centenar

Comentarios