Un duplo atentado deixa 38 persoas falecidas en Estambul

Un duplo atentado con bomba que aconteceu este sábado nas proximidades do estadio do clube de fútbol Besiktas deixou, cando menos, 38 persoas falecidas e perto de 200 feridas.

[Imaxe: @valentincaslop] Atentado en Estambul
photo_camera [Imaxe: @valentincaslop] Atentado en Estambul

Este sábado, unhas horas de finalizar un partido de fútbol entre dous dos principais equipos da liga turca, tivo lugar un duplo atentado cuxo balanzo, polo de agora, é de 38 persoas falecidas, axentes da policía na súa maior parte, e de case 200 feridas.

O atentado produciuse a raíz de dúas fortes explosións, seguidas dun tiroteo. Cando menos unha das explosións foi produto dun ataque suicida, segundo o Goberno, que xa detivo dez persoas polo acontecido.

Comentarios