Detidas seis persoas implicadas no atentado contra Maduro

O goberno afirma que todos os autores materiais e intelectuais “están identificados”.

venezuela-atentado-maduro-1024x576

O goberno de Venezuela informou que capturou seis persoas implicadas presuntamente no atentado contra Nicolás Maduro, que tivo lugar o sábado en Caracas e que causou sete feridos, tres dos cales están en estado grave. O executivo asegura que todos os responsábeis materiais e intelectuais do atentado están “identificados”.

“Temos até agora 6 terroristas e sicarios detidos, varios vehículos incautados e practicáronse varios rexistros en hoteis da capital do noso país, onde se recolleron importantes evidencias”, dixo en declaracións á TV estatal VTV o ministro do Interior, Néstor Reverol.

Reverol sinalou que as investigación “evidencian” que o ataque contra maduro é “un delito de terrorismo e magnicidio en grao frustrado”, así como que “terroristas e sicarios pasaron a un nivel superior, aumentando a espiral de violencia”. O Ministerio indica que no atentado empregáronse dous drons  modelo DJI M600 con capacidade para “soportar grandes cargas”.

Comentarios