A dereita varre na segunda volta das municipais gregas

Eleccións gregas

Sen sorpresas. A conservadora Nova Democracia gañou 11 das 13 rexións en disputa. O seu candidato en Atenas, Kostas Bakoyannis, obtivo unha percentaxe estratosférica, 65 por cento dos apoios.

Salvo milagre de última hora, Syriza encamíñase cara unha segura derrota nas eleccións xerais anticipadas do próximo 7 de xullo. Iso é o que se desprende dos resultados das locais, que viviron este domingo 2X o seu segundo e definitivo capítulo.

A varrida da dereita foi completa, na liña xa expresada polo eleitorado grego nas europeas do 26M. O incontestábel triunfo de ND obriga Alexis Tsipras a tentar unha remontada que a maior parte dos analistas políticos consideran moi improbábel.

O líder de Nova Democracia ofrece basicamente recortes de impostos e unha hipotética recuperación dunha economía devastada pola intervención das autoridades de Bruxelas. O PIB grego minguou por volta de 25 por cento na última década.