Salvo milagre de última hora, Syriza encamíñase cara unha segura derrota nas eleccións xerais anticipadas do próximo 7 de xullo. Iso é o que se desprende dos resultados das locais, que viviron este domingo 2X o seu segundo e definitivo capítulo.
A varrida da dereita foi completa, na liña xa expresada polo eleitorado grego nas europeas do 26M. O incontestábel triunfo de ND obriga Alexis Tsipras a tentar unha remontada que a maior parte dos analistas políticos consideran moi improbábel.
O líder de Nova Democracia ofrece basicamente recortes de impostos e unha hipotética recuperación dunha economía devastada pola intervención das autoridades de Bruxelas. O PIB grego minguou por volta de 25 por cento na última década.