Deputado maorí expulsado do Parlamento de Nova Zelandia por se negar a usar gravata: “É unha lazada colonial”

Rawiri Waititi, do Partido Maorí, defendeu que nun espazo como a Cámara os maorís deberían de poder empregar unha vestimenta que non fose unicamente a fixada por un “código occidental”.

maorí  @MaikiSherman  nova zelandia
photo_camera Rawiri Waititi após a súa expulsión. (Foto: @MaikiSherman)

O co líder do Partido Maorí de Nova Zelandia, Rawiri Waititi, foi expulsado do pleno do Parlamento por se negar a usar unha gravata. O deputado manifestou que obrigalo a un ‘código de vestimenta occidental’ era unha violación dos seus dereitos e un intento de suprimir a cultura indíxena.

O parlamentar maorí chamou as gravatas "un lazo colonial" despois de ser expulsado da cámara. Waititi levaba unha ‘taonga’, un colgante maorí de pedra verde e un traxe, para alén dunha tatuaxe “te moko” na cara.

"Non se trata de lazadas, senón de identidade cultural", dixo ao saír do hemiciclo.

Os indios maorís representan aproximadamente  15% dos cinco millóns de habitantes de Nova Zelandia, mais copan boa parte das estatísticas relacionadas coa pobreza e o encarceramento, nunha situación que vén de vello e afunde as súas raíces no dominio colonial británico.

"Isto é unha violación dos dereitos dos pobos indíxenas, temos (debemos) ter a liberdade de expresar a nosa identidade cultural nun espazo coma este", manifestou.

comentarios