Delcy Rodríguez decreta sete días de loito pola vítimas mortais da agresión estadounidense, que xa alcanzan as 56

A mandataria sinalou nas mesmas declaracións que lle "perforou a alma ver as imaxes dos corpos, mais eu sei que eles se martirizaron polos valores supremos en defensa da súa patria".
Delcy Rodríguez xurou o cargo na Asemblea Nacional de Venezuela. (Foto:  Vicepresidencia do Goberno da República Bolivariana de Venezuela)
Delcy Rodríguez xurou o cargo na Asemblea Nacional de Venezuela. (Foto: Vicepresidencia do Goberno da República Bolivariana de Venezuela)

A presidenta encargada de Venezuela, Delcy Rodríguez, decretou esta cuarta feira sete días de loito polas vítimas mortais durante o ataque efectuado o pasado sábado polos Estados Unidos sobre Caracas e os arredores na operación que terminou co secuestro do presidente do país, Nicolás Maduro, e a súa muller e primeira dama, Cilia Flores.

"Unha mensaxe aos nosos novos mártires, que deron a súa vida na defensa do noso país. Novos mártires, tomei a decisión de decretar un loirto de sete días en honra aos homes e mulleres que morreron, que ofrendaron a súa vida defendendo Venezuela, defendendo o presidente Nicolás Maduro", afirmou.

A mandataria sinalou nas mesmas declaracións que lle "perforou a alma ver as imaxes dos corpos, mais eu sei que eles se martirizaron polos valores supremos en defensa da súa patria".

O Exército de Venezuela fixo saber esta terza feira que polo menos 24 dos seus militares morreron durante o ataque efectuado a fin de semana polos Estados Unidos a capital venezolana, o que eleva a 56 os falecidos confirmados pola incursión de Washington. Previamente, o Goberno cubano anunciou a morte de 32 membros das súas forzas de seguridade na operación.

Comentarios