Dani Alves paga a fianza e poderá saír de prisión esta segunda feira

O ex futbolista ingresou no penal en xaneiro de 2023, tras ser detido por violar a unha moza nunha discoteca.

O acusado é o ex futbolista do Barcelona e a selección brasileira Dani Alves. (Foto: EP).
photo_camera Dani Alves. (Foto: EP).

O ex futbolista de Dani Alves pagou a fianza dun millón de euros e xa pode saír do cárcere de Brians 2. A Audiencia de Barcelona impúxolle esta fianza a semana pasada e o futbolista dedicou uns cantos días a reunir o diñeiro.

O xulgado que o condenou a catro anos e medio por violación aceptou deixalo en liberdade provisional porque cumpriu a cuarta parte da condena e aínda non hai sentenza firme. Após facerse pública a condena, Alves presentou un recurso no que reclamaba a liberdade.

Na vista, dixo que non tiña capacidade económica para fuxir a Brasil. Apuntara a posibilidade de que a familia do futbolista Neymar da Silva lle axudase a reunir o diñeiro da fianza, pero ao final negáronse e Alves necesitou máis días para pagala.

Ademais do pago, o ex futbolista recibiu máis medidas cautelares: ten prohibido saír do estado español -debe entregar os seus pasaportes español e brasileiro-, debe comparecer semanalmente no xulgado e debe comunicar un domicilio onde poisa ser atopado. Alves estaba en prisión provisional desde xaneiro de 2023, cando foi detido por violar a unha moza na discoteca Sutton de Barcelona.

A avogada da vítima denuncia que hai "xustiza para os ricos" A avogada da vítima de Alves, Ester García, mostrouse moi indignada coa decisión da Audiencia de Barcelona de concederlle a liberdade provisional. Ademais, anunciou que presentarán un recurso contra a resolución, que denuncia que pode facer pensar a cidadanía que hai "xustiza para os ricos".

Ademais, explicou que a decisión fora unha "xerra de auga fría" para a vítima. "Está moi indignada, moi desesperada e moi frustrada, coma min. Non atopo unha explicación legal a esta resolución”, afirmou. No mesmo sentido, dixo que o risco de fuga era evidente.

Comentarios