Dan por mortos os seis traballadores desaparecidos na ponte de Baltimore

O barco afectado quedou sen propulsión
Ponte colapsada nos EUA. (Foto: Kyle Mazza / Zuma Press / ContactoPhoto)
photo_camera Ponte colapsada nos EUA. (Foto: Kyle Mazza / Zuma Press / ContactoPhoto vía Europa Press)

Na madrugada da cuarta feira, as autoridades estadounidenses trasladaron que consideran mortos os seis traballadores -procedentes de Guatemala, Honduras ou México- que desapareceran 24 horas antes tras chocar un barco portacontedores de bandeira singapuriana, o Dali, contra a ponte Francis Scott Key de Baltimore, o que provocou o colapso da infraestrutura.

Roland L. Butler Jr, da Policía Estatal de Maryland, sostivo que pasaban dunha misión de busca e rescate a unha de busca e recuperación, e explicou que as operacións se suspenderían unhas horas até que mellorasen as condicións externas, e o director executivo da Asociación estadounidense de pilotos, Clay Diamond, explicou que o navío quedou sen propulsión cando se achegaba á ponte.

Comentarios